MANUEL MURGUÍA (1833 - 1923) Prólogo a Cantares Gallegos , ROSALÍA DE CASTRO. (1863) Mais naide ten menos qu’eu teño as grandes cualidades que son precisas pra levar a cabo obra tan difícile, anque naide tampouco se pudo achar animado dun máis bon deseo, pra cantar as bellezas da nosa terra naquel dialecto soave e mimoso, que queren facer bárbaro os que non saben que aventaxa ás demais linguas en dosura e armonía. Por esto, inda achándome débil en forzas, e n’habendo deprendido en máis escola qu’a dos nosos probes aldeáns, guiada solo por aqueles cantares, aquelas palabras cariñosas e aqueles xiros nunca olvidados que tan dosemente resoaron nos meus oídos desd’a cuna, e que foran recollidos polo meu corazón como harencia propia, atrevinme a escribir estos cantares, esforzándome en dar a conocer como algunhas das nosas poéticas costumes inda conservan certa frescura patriarcal e primitiva, e com’o noso dialecto dose e sonoro é tan apropósito com’o pirmeiro pra toda clase...
Comentarios
Publicar un comentario