Publicacións

Mostrando publicacións desta data: Febreiro, 2020

DEBATEMOS

Imaxe
TEXTO 1 Estatuto de Autonomía de Galicia (1981): ARTIGO 5 1. A lingua propia de Galicia é o galego. 2. Os idiomas galego e castelán son oficiais en Galicia e todos teñen o dereito de os coñecer e de os usar. 3. Os poderes públicos de Galicia garantirán o uso normal e oficial dos dous idiomas e potenciarán o emprego do galego en tódolos planos da vida pública, cultural e informativa, e disporán os medios necesarios para facilita-lo seu coñecemento. 4. Ninguén poderá ser discriminado por causa da lingua. Constitución Española (1978): ARTÍCULO 3 1. El castellano es la lengua española oficial del Estado. Todos los españoles tienen el deber de conocerla y el derecho a usarla. 2. Las demás lenguas españolas serán también oficiales en las respectivas Comunidades Autónomas de acuerdo con sus Estatutos. 3. La riqueza de las distintas modalidades lingüísticas de España es un patrimonio cultural que será objeto de especial respeto y protección. (...) O caso galego.

COMPRENDEMOS

Imaxe
LECTURAS PARA COMENTAR 1. A MULLER NA BIBLIA O COÑECEMENTO A Biblia. Xénese. Capítulos 2 e 3. Capítulo 2 Quedaron así rematados o ceo e a terra e todos os elementos. Deus concluíu no día sexto a obra que emprendera, e o sétimo día repousou de todo o seu traballo. Deus bendiciu o sétimo día e consagrouno: nese día repousou de todo o traballo de crear. Esta é a historia da creación do ceo e da terra. O home no xardín Cando o Señor Deus fixo a terra e o ceo, na terra non había aínda ramallada nin xermolaba herba no campo, porque o Señor Deus non fixera chover sobre a terra nin existía o home que traballase o agro. Da terra xurdía un manancial que regaba o campo, e o Señor Deus formou un home do po da terra, soproulle no nariz o alento da vida e tornouse o home persoa viva. O Señor Deus plantou un xardín en Edén, cara a oriente, e puxo nel ó home que formara. Fixo xermolar da terra árbores fermosas para a vista e boas para comer, e entre elas a árbore da vida