TEXTOS SOBRE O GALEGO

MANUEL MURGUÍA (1833 - 1923)




Prólogo a Cantares Gallegos, ROSALÍA DE CASTRO. (1863)

Mais naide ten menos qu’eu teño as grandes cualidades que son precisas pra levar a cabo obra tan difícile, anque naide tampouco se pudo achar animado dun máis bon deseo, pra cantar as bellezas da nosa terra naquel dialecto soave e mimoso, que queren facer bárbaro os que non saben que aventaxa ás demais linguas en dosura e armonía. Por esto, inda achándome débil en forzas, e n’habendo deprendido en máis escola qu’a dos nosos probes aldeáns, guiada solo por aqueles cantares, aquelas palabras cariñosas e aqueles xiros nunca olvidados que tan dosemente resoaron nos meus oídos desd’a cuna, e que foran recollidos polo meu corazón como harencia propia, atrevinme a escribir estos cantares, esforzándome en dar a conocer como algunhas das nosas poéticas costumes inda conservan certa frescura patriarcal e primitiva, e com’o noso dialecto dose e sonoro é tan apropósito com’o pirmeiro pra toda clase de versificación. (…)
            Cantos, bágoas, queixas, sospiros, seráns, romerías, paisaxes, devesas, pinares, soidades, ribeiras, costumes, (…) tod’esto m’atrevín a cantar neste homilde libro pra desir unha vez siquera, y anque sea torpemente, ós que sin razón nin conocemeno’ algún nos despresan, qu’a nosa terra é dina d’alabanzas, e qu’a nosa lingua non é aquela que bastardean e champurran torpemente nas máis ilustradísimas provincias, cunha risa de mofa, qu’a desir verdade (por máis qu’esta sea dura), demostra a iñorancia máis crasa y a máis imperdoable inxusticia, que pode facer unha provincia a outra provincia irmán por probe qu’esta sea. (…)

            Foi este o móbil principal que m’impeleu a pubricar este libro, que máis que nadie, conoso que necesita a indulxencia de todos. Sin gramática, nin regras de ningunha clas, o lector topará moitas veces faltas d’ortografía, xiros que disoarán ós oídos dun purista, pro ó menos, e pra discrulpar en algo estes defectos, puxen o maior coidado en reprodusir o verdadeiro esprito do noso pobo, e penso qu’o conseguín en algo… si ben de unha maneira débil e froxa. ¡Queira o ceo qu’outro máis afertunado qu’eu, poida describir cos seus cores verdadeiros, os cuadros encantadores que por aquí s’atopan, inda no rincón máis escondido e olvidado! pra qu’así ó menos en fama, xa que non en proveito, gane e se vexa co respeto e adimiración merecidas esta infortunada Galicia!



Grazas á profesora Ana Iglesias

Comentarios

Publicacións populares deste blog

SUBSTRATO, ESTRATO, SUPERESTRATO DA LINGUA GALEGA

LITERATURA S. XIX