TEXTOS E IMAXES PARA COMPRENDER, PARA XOGAR, PARA CREAR
A TERRA DURMIDA:
Construír a paz
A terra durmida,
sentiu no seu seo
disparos de chumbo
disparos de xeo.
Moreas de nenos,
co seu agarimo,
fixeron da guerra
un mar de aloumiños.
E foron as nenas
deitando dozura
as que converteron
o medo en tenrura.
A terra, durmida,
non quere espertar.
Está moi ferida
non pode xirar.
Meniñas, meniños
de tódalas cores
cubriron a terra
de beixos e flores.
A terra abre un ollo
e sente calor.
Escoita baixiño
sonatas de amor.
E xira que xira
coitada, a modiño,
rapazas, rapaces,
co voso cariño.
Antonio García Teijeiro. "Construir a paz"
***
***
Antonio García Teijeiro. "Construir a paz"
***
***
“O arco da vella”
O arco da vella
no ceo subido
no seu colorín,
co seu colorido.
O arco da vella
con sete colores
que teñen, no ceo,
beleza de flores.
O arco da vella
no ceo chantado
co seu colorín
co seu colorado.
O arco da vella
é un arco triunfal
con sete regueiros
que a ninguén fan mal.
O arco da vella
de luz feito é.
¡Resulta un milagre
que siga de pé!
Manuel María
***
***
***
***
Xa ven xaneiro, o mes primeiro,
detrás febreiro, o máis pequeneiro,
con marzo a primavera xermola
e en abril a chuvia molla.
Por maio floreceu a xesta,
por xuño san Xoán abraia,
en xullo xa aperta o sol
e en agosto xogamos na praia.
Setembro, como saben as uvas!,
en outubro a folla a caer está,
en novembro san Martiño asoma,
e en decembro volta a empezar.
Santiago Freire."Mantingadas" Edicións Morgante. 2010.
detrás febreiro, o máis pequeneiro,
con marzo a primavera xermola
e en abril a chuvia molla.
Por maio floreceu a xesta,
por xuño san Xoán abraia,
en xullo xa aperta o sol
e en agosto xogamos na praia.
Setembro, como saben as uvas!,
en outubro a folla a caer está,
en novembro san Martiño asoma,
e en decembro volta a empezar.
Santiago Freire."Mantingadas" Edicións Morgante. 2010.
(Grazas á profesora Ana Iglesias)
***
***
ROSTROS - DESCRIBIR - XOGAR
***
***
ROSTROS - DESCRIBIR - XOGAR
CREACIÓN LITERARIA: a partir dos naipes.
CREACIÓN LITERARIA: a partir da pintura. (Tamén para composcións corporais)
Comentarios
Publicar un comentario